Novas

CLÁSICA DE ORDIZIA

Delio Fernández, o mellor do Xacobeo Galicia aínda que sen opcións de vitoria

[ 25/07/2010 ] Delio Fernández foi o mellor do Xacobeo Galicia na Clásica de Ordizia, pero sen opción de disputar a vitoria, que levou finalmente Gorka Izagirre (Euskaltel Euskadi) ao sorprender a un grupo de once perseguidores cun ataque a catro quilómetros de meta.

  • CLASIFICACIÓN
  • Delio Fernández

    Delio Fernández

    No Xacobeo Galicia estivo especialmente activo José Antonio De Segovia, metido en varias fugas, o mesmo que Gustavo Domínguez ou Marcos García, pero "a carreira foi moi disputada e cando na última volta os máis fortes puxeron ese punto máis, viuse que aos nosos aínda lles falta un pouco", declarou Jesús Blanco Villar, que asumiu a dirección deportiva do equipo galego en Ordizia.

    "Ezequiel Mosquera non se atopou cómodo en toda a etapa, polo que tampouco forzou demasiado. Pacheco comentoume que no plano ía ben, pero que subindo custáballe seguir aos mellores. Hai que ter en conta que acaba de baixar dunha concentración en altitude e iso tamén se nota. Os que estiveron máis adiante ao final foron Delio Fernández (décimo noveno) e Marcos García (trixésimo segundo), ambos a 1-05 do gañador. A próxima semana, con sete días máis de adestramento, poderemos avaliar mellor a condición física de cada corredor", declarou, finalmente Blanco Villar.

    A media de 43,55Kms/h do gañador, sobre un percorrido de 165,7 quilómetros no que houbo que superar sete portos de terceira categoría, explica por si soa o ritmo ao que se disputou a carreira. Vitoria merecida de Gorka Izagirre, moi traballada polo seu equipo, cun Romain Sicard moi combativo.

    O mozo corredor guipuscoano saltou a catro quilómetros da chegada e tivo tempo para recrearse na celebración do triunfo, para dar tempo a un grupo de once perseguidores, que encabezaron Ortega (Andalucia - Cajasur) e Pablo Lastras (Caisse D´Epargne), segundo e terceiro, respectivamente. Esta foi a segunda vitoria para Gorka Izagirre como profesional, a primeira, lograda tamén este ano, obtívoa nunha etapa do Tour de Luxemburgo.


    Imprimir Enviar


    © Fundación Ciclismo Galego

    Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web

    RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?