Novas
COTAS DE PANTALLA DO 43,6 POR CENTO NA ETAPA DO TOURMALET
O ciclismo recobra índices de audiencia históricos
[ 23/07/2010 ] Ocorreu durante o mes de maio cando Veo TV arriscouse a retransmitir o Giro de Italia, alcanzando unhas cotas de pantalla impensables, e volveuse a pór de relevo na segunda das tres grandes probas da tempada, o Tour de Francia, que na súa décimo sétima etapa, chegou a rexistros históricos de audiencias de fai trece anos.

Imaxe do Tour
A etapa con final no cumio do Tourmalet foi o programa máis visto do día cunha cota de pantalla do 43,6% no minuto de ouro e con outro dato, así mesmo, espectacular: "Case 10 millóns de persoas (9.625.000) viron algún momento da etapa na retransmisión de TVE en Teledeporte e La 1", segundo información do ente RTVE.
Trátase dunha gran noticia para o deporte do ciclismo, que segue adiante a pesar dos moitos reveses, algúns propios e os máis inducidos, que tivo que soportar na última década. Confiamos que esta tendencia alcista continúe coa Volta a España na que estará presente o Xacobeo Galicia e que nesta edición de 2010 presentará moitos alicientes, entre eles dous finais en alto inéditos.
A continuación presentamos os datos de audiencias facilitados desde RTVE, correspondentes á décimo sétima etapa do Tour e a outros programas emitidos en franxas de máxima audiencia, que nos permiten valorar mellor as cifras alcanzadas polo ciclismo.
A ETAPA DE CICLISMO MÁIS VISTA DESDE FAI 10 ANOS
Preto de catro millóns de seguidores (3.997.000), un 33% de cota de pantalla, viron en La 1 de TVE a décimo sétima etapa do Tour de Francia, o que a converteu no espazo máis seguido da xornada. Foi a etapa de ciclismo máis vista desde o 12 de setembro de 1999 e a etapa do Tour de Francia con máis audiencia desde o 15 de xullo de 1997.
O Tour rexistrou o minuto de ouro da xornada ás 17:32 horas con 5.303.000 espectadores e un 43,6% de cota de pantalla.
Máis de 8 millóns de espectadores (8.225.000) viron algún momento da retransmisión do final da etapa de onte en La 1, aínda que case 10 millóns de persoas (9.625.000) viron algún momento da etapa na retransmisión de TVE en Teledeporte e La 1.
OUTROS PROGRAMAS
"Los Tudor", a serie protagonizada por Jonathan Rhys Meyers foi o máis visto do horario de máxima audiencia coa emisión dos seus dous capítulos. Máis de cinco millóns de espectadores viron nalgún momento a nova ficción de TVE.
Esta ficción ("Los Tudor") de La 1 situou as súas dúas entregas entre os espazos máis vistos do día: o segundo capítulo foi, con 2.714.000 espectadores e un 19,7%, despois do Tour de Francia o segundo programa máis visto da xornada. O primeiro capítulo situouse en terceira posición con 2.401.000 seguidores e un 16,8% de cota.
Un xoves máis (22/07) TVE liderou a xornada cun 18,0% de cota de pantalla. O Tour de Francia foi o espazo máis seguido con 3.997.000 telespectadores e un 33% de cota. As dúas entregas de "Los Tudor" lideraron o horario de máxima audiencia. A segunda entrega sumou 2.714.000 espectadores cun 19,7% de cota e a primeira entrega obtivo 2.401.000 telespectadores e unha cota do 16,8%.
AUDIENCIAS DOS INFORMATIVOS
A primeira edición do Telexornal, presentada por Ana Blanco, foi seguida por 2.191.000 espectadores, 17,4% de cota. Mentres, a segunda edición, que presenta David Cantero, foi vista por 1.842.000 espectadores, 17,8% de cota.
El Tiempo 2 en TVE foi seguido por 2.306.000 e un 17,8 de cota e El Tiempo 1 sumou 2.088.000, 16,2% de cota.
00 e un 17,8 de cota e El Tiempo 1 sumou 2.088.000, 16,2% de cota.