
O Trofeo Cala Millor, correspondente á segunda xornada da Challenge de Mallorca, propuña unha chegada ao sprint, que se consumou tras 172,4 quilómetros de percorrido, con vitoria para Óscar Freire (Rabobank). O Xacobeo Galicia buscou as súas opcións de vitoria con Francisco Pacheco, pero o home rápido do equipo galego non tivo opción de disputala ao quedar pechado en pleno lanzamento do sprint.

No pelotón español actualmente hai tres ciclistas co nome de Gustavo, e os tres pertencen ao equipo Xacobeo Galicia. Facendo memoria só atopamos, polo menos nunhas cantas décadas atrás, outro ciclista profesional español con ese nome, Gustavo Otero. Tamén é galego e militou, primeiro, no equipo portugués Porta da Ravessa e posteriormente no Kelme-Comunidade Valenciana.

O ciclista do Xacobeo Galicia Francisco Pacheco clasificouse en sexta posición no Trofeo de Palma, carreira coa que comezou a dezanove edición da Challenge de Mallorca, e que tivo como vencedor ao australino Robbie McEwen, do Katusha. Pacheco mostrábase contento ao remate da proba, porque "non puiden conseguir unha boa colocación e, aínda así, fun remontando posicións. Doume por satisfeito co posto obtido, dadas as circunstancias e o nivel dos sprinters que había", declarou.
05/02/2010»
05/02/2010»
04/02/2010»
29/01/2010»
27/01/2010»
25/01/2010»
25/01/2010»
23/01/2010»
23/01/2010»
22/01/2010»
01/01/2010»
20/01/2010»
19/01/2010»
18/09/2008»
Ver máis novas
Percorrido pola Volta a España 2009 a través de imaxes captadas no transcurso das etapas.
Reportaxes fotográficas do Giro do Centenario e da Volta a Turquía
O Camiño de Santiago do Xacobeo Galicia en fotos
Challenge a Mallorca: Etapas, equipos e clasificacións
Tour de San Luis: Etapas, equipos e clasificacións
Do 18 ao 24 de xaneiro. Con esta proba o Xacobeo Galicia comeza a tempada 2010.
CALENDARIO UCI 2009/2010 E PRÓXIMAS COMPETICIÓNS
Volta a Chihuahua * Volta a España * Volta a Portugal * Volta a Burgos * Subida a Urkiola * Circuíto de Getxo * Clásica de Ordizia * Volta a Madrid * Campionatos de España * Route du Sud * CTT Correios * Giro de Italia * Gran Premio Paredes * Volta a Asturias e Subida ao Naranco * Volta á Rioxa * Giro do Trentino * Volta a Turquía * Clásica de Primavera * G. P. M. Induráin * Volta ao Alentejo * Settimana Lombarda * G. P. Llodio * Volta Castela-León * Volta Murcia * Clásica Almería * Volta Andalucía * Giro Grosseto * Challenge Mallorca.
© Fundación Ciclismo Galego
Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web
RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?